martes, 23 de enero de 2024

LINGUA GALEGA: FUNCIÓNS DA ORACIÓN SIMPLE

 Hoxe toca traballar coa gramática do galego, en concreto, coa SINTAXE: imos ver as funcións que poden aparecer dentro das oracións simples. Se picades neste enlace, poderedes ver unha presentación moi útil sobre estes contidos: 

FUNCIÓNS DA ORACIÓN SIMPLE

Exercicios: 


Busca e caracteriza os complementos que aparecen no PREDICADO destas oracións (pon ao lado o tipo de sintagma), despois de precisar se este é NOMINAL OU VERBAL. 

-  Teño no meu apartamento unha fermosa xerra de Murano. 

- Quizais esteamos todos os seus amigos moi fartos diso. 

- Non te elixían pola túa tardanza no traballo. 

- O xoves daranche novas do estado das obrasl

- Debuxaron a silueta do rapaz correctamente. 

- Cando lles mandes a cea, dime o prezo. 

- O problema semella complicado. 

- Vinte onte na feira e mandeiche un bico grande. 

- Viviron tranquilamente en Barcelona varios tíos da nai.

- Os participantes na carreira chegaron entusiasmados á zona de saída. 

- Somos os mellores da empresa. 

- Botaronte do traballo pola túa impuntualidade. 

- Camiñou co seu can durante dúas ou tres horas. 

- Deullelo á forza. 

- Desconfío dos novos empregados da empresa.  


No hay comentarios:

Publicar un comentario

O FRANQUISMO (1939-1975)

        Lembrade que no ano 1931, tras o reinado de Alfonso XIII, instáurase unha nova forma de goberno: falamos da 2ª REPÚBLICA. O desconte...