Lembrade que no ano 1931, tras o reinado de Alfonso XIII, instáurase unha nova forma de goberno: falamos da 2ª REPÚBLICA. O descontento de distintos sectores da poboación, entre eles o do exército, fai que no 1936 F. Franco inicie unha rebelión que provocará o inicio da Guerra Civil española. No ano 1939 remata o enfrontamento bélico despois de tres anos de combates, morte e destrución. O bando dos NACIONAIS (conservador e ligado ao exército) derrota o bando dos REPUBLICANOS e empeza a ditadura do xeneral Francisco Franco, caracterizada pola persecución dos perdedores, pola represión das liberdades e polo apoio incondicional da Igrexa ao Estado. Esa será a forma de goberno en España ata a súa morte, no ano 1975. Este longo período da nosa historia coñécese coma FRANQUISMO.
No hay comentarios:
Publicar un comentario