lunes, 6 de noviembre de 2023

CONFLITOS DO PRESENTE. CONFLICTO ENTRE ISRAEL Y PALESTINA

 

LEE o apartado sobre as RELACIÓNS INTERNACIONAIS que aparece na páxina 294 do teu libro de texto. Responde estas cuestións:

- Que dous países ameazan nas últimas décadas o poder de EE UU como potencia mundial? 

- Que feito cambiou as relacións entre países a partir de 2008?

- Que medidas toman a  UE e a comunidade internacional para "castigar" os países que non respectan os seus límites territoriais ou que non respectan os dereitos da poboación? Son sempre efectivos? 

LEE agora o apartado sobre TERRORISMO que aparece na páxina 296. E agora contesta:

- Que entendemos por terrorismo? Quen o leva a cabo e con que fin? Que queremos dicir cando falamos de terrorismo global

- Aporta información, lendo a páxina 296, sobre ETA e AL QAEDA. 


Como sabedes, nas últimas semanas o conflito entre israelitas e palestinos agravouse, producíndose un elevado número de vítimas civís.  Neste enlace poderedes encontrar información sobre as causas, desenvolvemento e consecuencias do conflito entre Israel e Palestina. 

CONFLITO ISRAELÍ



ARTÍCULO DE NATIONAL GEOGRAPHIC SOBRE O CONFLITO

CUESTIONARIO: 

a) Ata 1945, ano no que remata a 2ª guerra mundial, quen tiña o mando na zona de Palestina e Oriente Medio? 

b) Busca información sobre o que foi o HOLOCAUSTO XUDEU e relaciónao co termo XENOCIDIO. 

c) A onde van os xudeus que sobreviven ao holocausto? Por que elixen esa zona xeográfica e non outra? 

d) No ano 1947 xa empezara a funcionar a ONU. Explica que é e cal é a súa finalidade máis inmediata ata a actualidade. 

e) Explica que era o PLAN PEEL: quen o crea, onde o aplica e en que consistía (non olvides explicar que papel se lle dá a Xerusalén) . 

f) Por que o ano 1948 é fundamental para empezar a falar do conflito entre Israel e Palestina? 

g) Hai dous conflitos bélicos moi destacados nos que Israel aumenta a súa extensión territorial:

   - GUERRA DOS SEIS DÍAS: indica a quen se enfronta Israel, en que ano e que territorios incorpora ao seu Estado. 

   - GUERRA DO YOM KIPUR: indica a quen se enfronta Israel, en que ano e que territorios incorpora. A que petición da ONU fai oídos xordos?

h) Explica que significa a sigla OLP, cando e con que fin se creou e se se conseguiu o fin proposto. 

i) Hai unha zona no oeste do estado israelí onde a convivencia entre israelís e palestinos é realmente complicada. Por que? Que nome ten ese lugar? 


No hay comentarios:

Publicar un comentario

EL NIÑO EN LA CIMA DE LA MONTAÑA III

        Hoy acabamos la lectura de la novela de John Boyne. Es por ello que vamos a responder unas preguntas de carácter más global que las ...