miércoles, 5 de junio de 2024

O FRANQUISMO (1939-1975)

 

      Lembrade que no ano 1931, tras o reinado de Alfonso XIII, instáurase unha nova forma de goberno: falamos da 2ª REPÚBLICA. O descontento de distintos sectores da poboación, entre eles o do exército, fai que no 1936 F. Franco inicie unha rebelión que provocará o inicio da Guerra Civil española. No ano 1939 remata o enfrontamento bélico despois de tres anos de combates, morte e destrución. O bando dos NACIONAIS (conservador e ligado ao exército)  derrota o bando dos REPUBLICANOS e empeza a ditadura do xeneral Francisco Franco, caracterizada pola persecución dos perdedores, pola represión das liberdades e polo apoio incondicional da Igrexa ao Estado. Esa será a forma de goberno en España ata a súa morte, no ano 1975. Este longo período da nosa  historia coñécese coma FRANQUISMO. 



      A visualización deste vídeo permitiravos ter unha visión do que sucedeu nestes duros anos da historia de España. Despois dunha primeira proxección, convén velo novamente para poder dar resposta ás preguntas do cuestionario que se vos entregou. 



O FRANQUISMO (1939-1975)

        Lembrade que no ano 1931, tras o reinado de Alfonso XIII, instáurase unha nova forma de goberno: falamos da 2ª REPÚBLICA. O desconte...